A TER EN CONTA:
Limítase a 60 persoas o número de participantes na ruta. A inscrición será por rigurosa orde.
 
Día: 14 de Agosto (venres)
Percorrido: A Pedra da Seara – Legua de Xunque – A Veneira de Roques
Distancia: 10 Quilómetros
Duración prevista: 3 horas e media con parada para o aperitivo e café
Dificultade: Media
Punto de encontro: A Veneira de Roques (Pobra do Brollón)
Hora: 21:30
Punto e hora de inicio da ruta: A Pedra da Seara (Coordenadas: 42º 34´ 50” N – 7º 16´41” O) Parada de Montes – Estrada Pobra do Brollón – Folgoso do Courel Km. 12,800 ás 22:15 Aprox.
PREZO: Socios 3 €uros. Non socios 5 €uros

Número Máximo de Participantes: 60
Por riguroso orde de inscrición....
DESCRICIÓN E NORMAS:
O lugar de reunión será en A Veneira de Roques, aquí recolleranos un autobús para desplazarnos hasta o punto de inicio, quen desexe chegar por seus medios o lugar de partida da ruta pode facelo pero ó rematar esta terá que retornar por seus medios.
É unha ruta que descorre por pistas forestais ben acondicionadas nos primeiros 2 quilómetros un ascenso continuo pero levadeiro para logo camiñar máis de 5 quilómetros de falso llano. Durante o percorrido veremos as Terras de Lemos e máis aló. Os últimos 2 quilómetros son en descenso cómodo.
NORMAS DE OBRIGADO CUMPRIMENTO.
• Antes de inciar a ruta cada participante deberá cubrir unha ficha de rexistro e entregala asinada a Organización.
• Acatar en cada momento as normas da ruta, un membro da organización encabezará a marcha e pechará esta outro membro da Organización.
• Si por calquera motivo tivera que abandonar a marcha ou facer unha parada, debe poñelo en coñecemento da Organización.
• Camiñamos por Pistas forestais e o risco de incendio pode ser alto, por tal motivo tomaremos tódalas medidas de seguridade precisas. Si eres fumador, fai un esforzo e deixa o pito para o remate.
IMPORTANTE:
Camiñar agrupados.
Traer algunha fonte de luz, a noite pinta vai ser oscura.
Non virá mal portar algunha prenda de abrigo; pola noite xeralmente refresca
Facilitar un teléfono de contacto a Organización.
Si as condición metereolóxicas foran adversas, a ruta pode ser suspendida ou aprazada. (Estar pendentes da web ou contactar coa Organización)
Tfnos contacto: 619 025 252 – 629 412 111

A Candea

  • Colección Revista A Candea
  • Selección de artículos

En esta sección puedes acceder a artículos individuales de A Candea: Selección de artículos

Leer más

Canal de video Fonte do Milagro

Acceder