O próximo xoves día 2, dende a Asociación damos comezo a unha nova  temporada de rutas. Para esta ocasión acondicionamos una ruta circular con saída e chegada en Vilamor aproveitando os vellos camiños e sendeiros da zona.
O lugar de reunión e partida será na Estrada de Pobra do Brollón a Folgoso do Courel, xusto á entrada do pobo de Vilamor
A hora de saída está prevista para as 10:30
O percorrido é de pouco máis de 8 quilometros
Dificultade MEDIA aínda que se libra un considerable desnivel
Os que desexen participar deberán facer a inscrición antes do día 1 ás 15:00. Esta será gratuíta
Rematada a ruta faremos un xantar campestre. Os que desexen participar deberán pagar 6 €uros, os non socios de Fonte do Milagro, e 5 €uros os socios,
Os participantes antes da saída deberá cubrir e asinar unha ficha facendo constar que eximen de responsabilidade a Organización do que á persoa poda acontecer durante a marcha.
Os participantes deberán en todo momento acatar as normas que para esta ruta ten prevista a Organización e coñeceran antes da saída

BREVE DESCRICIÓN DA RUTA

Atravesamos a aldea de Vilamor en dirección Noreste para tomar o camiño de Folgueiras, pasamos pola fonte que leva este nome donde se pode tomar un trago de auga e coller provisións para o camiño, aquí empeza o sendeiro a descender, atravesamos o Carrozo de Rexíu, logo pasamos por un frondoso bosque de mimosa hasta chegar á estrada que leva a Eiriz, atravesamos esta e seguimos descendendo polo camiño da Costa, hasta chegar a Baldomir, aquí xiramos a esquerda, en poucos metros estamos ná Estrada Pobra do Brollón – Folgoso do Courel (Ponte de Baldomir). Seguimos por ela en paralelo ó Lor na súa marxe dereita hasta a Pincheira de Rexiu, aquí unha paradiña para facer unhas fotos e tomar un cafetiño.  A ruta sigue pola estrada hasta  o primeiro recodo coñecido aquí coma Volta de Nabido onde tomamos o camiño que se vai adentrando nun fermoso bosque e serviu para dar acceso a prados e cabanas da zona e o mesmo tempo baixar ó río, descendemos en zig-zag hasta chegar á beira río onde continuaremos a marcha pola vella canle que levaba a auga para rego das Veigas de Freán, neste traxecto veremos de fronte a nos a outra beira do Lor, a Aceña de Regino, unha fermosa construción hoxe en ruínas e que durante moitos anos moia o gran da zona. Chegados a Veigas de Freán onde, segundo as lendas estaba situado o antigo poblado de Vilamor comezamos o ascenso de 1,5 quilómetros por un impresionante souto de castiñeiros, camiño que nos leva de volta ó punto de inicio. Pouco antes de chegar ó pobo podemos facer unha para e apartar uns metros do camiño para visitar o Caleiro da Torre unha das poucas construcións deste tipo que aínda quedan na zona.

A Candea

  • Colección Revista A Candea
  • Selección de artículos

En esta sección puedes acceder a artículos individuales de A Candea: Selección de artículos

Leer más

Canal de video Fonte do Milagro

Acceder