O vindeiro día 2 de novembro de 2013 vamos celebrar a xa habitual por estas datas Ruta do Magosto
- RUTA : A Ponte de Baldomir - Ponte do Porto - Sobredo - Touzón- A Ponte de Baldomir
- DISTANCIA: 11,5 Quilómetros
- TEMPO APROX.: 4 Horas
- DIFICULTADE: Media
- LUGAR DE REUNIÓN E SAÍDA: A Ponte de Baldomir
- HORA DE SAÍDA: 10:00 Horas
BREVE DESCRIPCIÖN
A ruta parte dende A Ponte de Baldomir, pasamos pola Pendella, O Touzón e dende aquí polo marcado sendeiro GR8 en sentido contrario o discorrer das augas do Lor.
Atravesamos o río Loúzara pola Ponte de Sudrios e continuamos polo citado camiño, un pouco máis arriba atravesamos o Lor pola Ponte de Traspando e logo de subir uns metros pola pista se sube a Folgoso, na segunda curva en recodo seguimos de fronte polo sendeiro, camñamos a media ladeira pola marxe esquerda do Lor hasta chegar o cruce que indica a continuidade do GR8 e o desvio do sendeiro a Sobredo, descendemos hasta a beira do Lor e cruzámolo pola Ponte do Porto.
Dende aquí comeza o ascenso hasta preto da aldea de Sobredo, un pouco antes nun cruce nos indica que a esquerda sae o camiño que leva O Touzón, o que nos debemos coller, camiñamos a media ladeira esta vez pola marxe dereita do Lor, neste tramos podemos contemplar boa parte do Courel. Logo duns quilómetros chegamos a Ponte de Sudrios, lugar polo que xa pasamos e onde volveremos a cruzar a Ponte de Sudriós para volver polo camiño hasta A Ponte de Baldomir. FIN DA RUTA
- O rematar a Ruta degustaremos un magosto e unha cucnca de caldo
- Os non membros da Asociación "FONTE do MILAGRO" abonaran a saída 2 €uros
- E preciso facer a inscripción antes das 20 horas do día 1 de novembro
- Antes de tomar saída, os participantes na andaina deberan cubrir unha ficha
- Para información e inscripción nos teléfono 619 025 252 ou ben no enderezo Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.
- Atende: Evaristo