Ruta: SECEDA – BALDOMIR
- Percorrido: 10 Kms. Aprox.
- Duración Prevista: 3 Horas
- Dificultade: Media
- Lugar de reunión: A Ponte de Baldomir
- Hora: 10:00
- Hora prevista inicio da Ruta: 11:00
O desprazamento dende Baldomir hasta Seceda será en autobús para as persoas que o desexen, para elo é necesario facer reserva antes das 20 horas do día 11 de setembro.
As prazas no autobús reservaranse por rigurosa orde de inscrición.
Rematada a ruta haberá un xantar en Baldomir, quen desexe participar deberá facer a correspondente reserva antes das 20 horas do día 11 de setembro.
IMPORTES
- Autobús: 4 € Socios – 5 € non Socios
- Xantar: 6 € Socios – 8 € non Socios
DESCRICIÓN DA RUTA
- O punto de inicio da ruta será na estrada que leva dende Seceda hasta O Incio á saída da aldea en dirección Incio á beira da Casa de Turismo Rural.
- Dende aquí descendemos polo vello camiño que discorre entre un souto de castiñeiros centenarios, logo de pouco máis duns quilómetros chegamos a un recodo da estrada e seguimos descendendo por ela uns 400 metros hasta chegar a un camiño que parte á nosa esquerda nunha sinalada pendente duns 30 metros e de novo adentrámonos no souto uns metros e xiramos á dereita en dirección ó regato hasta a ponte Das Reboleiras, recentemente recuperada por membros da Asociación.
- Cruzamos o regato e seguimos pola marxe esquerda do río entrando na Reboleira de Lousadela, sigue o sendeiro, avistamos os restos da que foi vivenda e Ferreria de Lousadela na marxe dereita do Río Loúzara.
- O sendeiro lévanos hasta topar co vello camiño que serviu de vía de comunicación entre os pobos de Cortes, Seceda e Lousadela coa capitalidade do Concello e outras aldeas do Courel Baixo.
- Discorre o sendeiro pola marxe esquerda do Loúzara en paralelo a este, pasamos por lugares para o recordo como o Campón, Ponte das Augas Rubias, recuperado recentemente, e o Seixo Branco hasta chegar ó camiño e ruta de O Touzón a Sobredo, descende o camiño hasta chegar á Ponte do Touzon pola que se cruza o rio Loúzara
- Despois dun corto ascenso chegamos á aldea de O Touzón, continuando hasta A Pendella e seguindo a ruta pola pista que leva a Baldomir.
- FIN da RUTA
Para Información e inscrición. Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. – Tfnos: 619 025 252 – 629 412 111