Ruta: BALDOMIR - PONTO DO PORTO-SOBREDO-TOUZÓN-BALDOMIR
- Día: 17 de ABRIL de 2014
- Percorrido: 12 Quilómetros
- Dificultade: MEDIA
- Lugar de Reunión: A PONTE DE BALDOMIR
- Hora: 9:45
- Prazo para inscribirse: HASTA as 20:00 HORAS do día 16
Rematada a Ruta faremos un xantar en Vilamor (Casa Comerciante). O Total de prazas para a comida é de 60 polo que se fara a reserva por rigurosa orde de inscrición hasta cubrir as ditas prazas.
Para facer inscrición e reserva para a comida chamar o teléfono 619025252, ou ben no correo: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo..
A Ruta: Partimos de A Ponte de Baldomir polo GR8 en sentido contrario as augas do Lor pola súa marxe dereita; pasamos pola Pendella, O Touzón cruzamos o Río Lóuzara pola Ponte de Sudrios continuando o GR8 ou Ruta do Lor, atravesamos o Lor pola Ponte de Traspando e seguimos pola marxe esquerda hasta chegar a Ponte do Porto donde voltaremos cruzar o Lor e ascender hasta a entrada do pobo de Sobredo; aquí voltamos a media ladeira polo vello camiño que comunicaba Sobredo con O Touzón hasta a Ponte de Sudrios para cruzar o Louzara subir O Touzón, A Pendella e chegar o punto de partida.