Os veciños de Vilar, en O Courel teñen previsto arranxar a capela de San Roque que se encontra ubicada á entrada do Castro Grande. Nestes intres o estado da construcción é case ruinosa, polo que é moi importante e case urxente poñerse a obra o máis axiña posible para evitar males maiores. Os organizadores desta obra fan un chamamento a xente por si quixeran colaborar na restauración e para elo abriron unha conta na oficina de Caixa Rural Galega de Folgoso. O número de conta para facer o donativo é:

ES12 3070 0006 5861 5348 9718

Importante: Facer constar no concepto do ingreso "Donativo Capela San Roque"

A Candea

  • Colección Revista A Candea
  • Selección de artículos

En esta sección puedes acceder a artículos individuales de A Candea: Selección de artículos

Leer más

Canal de video Fonte do Milagro

Acceder