XII edición da Festa da Pisa da Castaña 5 de decembro de 2010. Froxán.
O Sábado día 4 as 7 da tarde conferencia na antiga escola de Froxán na que falarán da castaña: José Mouriño Cuba (Xefe do Servizo de Control da Calidade Agroalimentaria e Industrias) de Lugo e Jesús Quintá García (Presidente do Consello Regulador da Indicación Protexida "Castaña de Galicia)
5 decembro
- Os actos darán comezo ás 12:00 horas mostrando o sequeiro e a caniceira e explicando o proceso de secado funcionamento
- 12:30 Empeza o pisado e de seguido o abandoxado
- 13:30 Pregón, que este ano vai dar o actor Victor Fábregas coñecido no papel do pequeno do dúo Os Tonechos, a bo seguro vamos rir un cacho
- De seguido degustación de castañas cocidas, productos do porco e postre de castaña
- Logo do xantar retomamos a pisa e abandoxado onde poden participar as perosas que o desexen
Non faltará a música e a troula. Todo vaixo unha carpa por si o tempo non axuda.
Haberá unha exposición de fotos das actividades da asociación
Presentación do libro PRENDEREI A LAREIRA de Vicente Reboleiro
Un bo día para achegarse O Courel