OS VELLOS OFICIOS
- Detalles
- Escrito por José Manuel
OS VELLOS OFICIOS
Foron os vellos oficiais deixando paso as novas tenoloxias. A chegada da maquinaria, fixo que estes mestres foran a menos; daban forma o ferro, construían grandes edificios pedra a pedra, arranxaban aperos e outras cousas, en definitiva que había para todo. Falemos hoxe dos VELLOS OFICIOS NO CAUREL os que máis sona tiveron na Zona.
OS CARBOEIROS
Empezamos a falar en primeiro lugar dos carboeiros; foron eles peza fundamental o longo de moitos anos; a economia no Caurel dependía en boa parte do traballo destes homes, o carbón que eles facían servia para fundir o mineral para obter o ferro; tiñan que abastecer as Ferrerias, Mazos e Fraguas que eran moitas nesta zona. O seu traballo era moi duro. Empezaban por buscar o sitio idóneo para facer o FOIO (excavación na terra de ½ metro a 1 metro de profundidade, por 2 ou 3 metros de ancho que servia para facer nel o carbón); despois de feito o burato no suelo arrancaban a raiz das cozas (estas son a raiz da uz, o brezo como se conoce normalmente); había que rompelas en cachos e cando había suficiente para encher o FOIO facíase nel o lume con outro tipo de leña, a misma rama das uces ou fentos; collía o lume forza e enchíase o burato coas cozas picadas e deixábase arder bastante tempo. Cando se consideraba que o carbón estaba feito, tapábase o FOIO por enriba con terra para apagar o lume, xa logo o carbón frío metíase en sacos para o seu transporte. Chegou o carbón destas montañas máis alá destes lares; era un carbón muy apreciado nas fraguas de Monforte e casas particulares para usar como calefacción. Dise que foi tal a explotación dos montes que tiveron que cerrar algunha das ferrerias por que non había máis leña para facer carbón.
OS FERREIROS
Tiveron moita importancia os ferreiros; eles, xunto cos carboeiros, eran parte da transformación do ferro, e a importancia do ferro no CAUREL fixo que fora moita a xente que seguira este oficio, hoxe xa perdido en toda a Serra. Aqueles mestres daban ó ferro o temp le que precisara cunha maestria especial. Eran varias as maneiras de exercer o oficio: uns tiñan a sua propia fragua, outros andaban de aldea en aldea por se alguén tiña algún ferramento que arranxar. Facían fouces, gadañas, cuchillos e navallas e incluso algún atreveuse a facer cerraduras para as portas, con chave incluida, ferraduras para as caballerias e o que se lle presentara. Utilizaban moitos ferramentos na sua labor pero, sin lugar a dúbidas, no que máis se fixaban era no xunque; debía de ter un són especial. Cando se mallaba nelas o ferro debía de soar como as campás. Non fai moitos anos, na aldea de Vilar, Modesto, coñecido mellor polo"Ferreiro de Vilar" con noventa anos, manexaba cunha soltura o mallo que non nos facía pensar que aquel home xa tiña case un século de vida. O que si que tamén, levaba case o século exercendo o oficio.
OS SEITUREIROS
Moito o que temos que falar destes profesionais. Normalmente adicábanse máis a esta faena os homes que as mulleres. Vamos centrarnos hoxe nos seitureiros da emigración, si así lle podemos chamar, porque estes exercian o seu oficio fora do Caurel. Cando o Solano do mes de San Xoan facía marelear as canas de trigo e centeo, estes homes preparaban os seus fouciños e sua equipaxe, chegaba o momento de partir para as abrasadoras terras de Castela. Formaban as cuadrillas, había unhas persoas encargadas de xuntar a xente e preparar a partida. Estes eran os maiorales. Era a sua misión velar pola cuadrilla e buscar alí, en terras de Valladolid, Palencia, Zamora donde traballar. Algunhos desplazábanse máis lonxe: a terras de Aragón, Madrid, e mesmo Extremadura. De chegado a zona de sega, organizábanse: unhos segaban, outros ataban, outros trillaban, ainda que as veces tiñan que facer de todo un pouco. Era o sol quen marcaba a xornada de traballo, comezaban coas primeiras raiolas de sol e paraban despois de poñerse; o que quere decir que, se temos en conta os dias de San Xoan ou Santa Mariña,