O CAUREL DO DOUS MIL
- Detalles
- Escrito por José Manuel
A marxe de calquera consideración sobre o comezo do século XXI en canto a que se é no ano 2000 ou no 2001, ás veces, con mirar ó redor, un ten a necesidade de crer que ainda falta moito para cegar a el. A algúns pode parecerlles que esaxero, mais non a aqueles que subindo o Courel dende Quiroga, dende A Pobra do Brollón ou dende Vilar ata Folgoso, pasaron algún apuro ó atopa-la estrada invadida por pedras ou por terra de desprendementos que ninguén retira ainda en meses. As comunicacións no Courel, non están a altura do que pensábamos ía a se-lo século XXI.
Por outra banda, a transformación da economía da serra ten moito que ver co desenvolvemento rural en Galicia. As actividades que foron en tempos importantes como as das Ferrerías, substituíronse polas das canteiras, e non parecía que o tan falado ano dous mil, ano de especial preocupación polo medio ambiente, fóra a traer no medio dunha paisaxe idílica temibles escombreiras repartidas polo medio do monte, sen ton nen son.
Mais co novo milenio, chega a nova estrela da economía, o Turismo Rural, que no resto de Europa é unha realidade totalmente consolidada, sobre todo en Francia, pais pioneiro no que o Estado xugou un papel importantísimo, marcando pautas e fomentando a creación de Asociacións para a oferta de actividades relacionadas co medio rural ou natural, como poden se-los deportes de montaña ou o comercio dos productos da terra. No Courel, aínda que se deron pasos, algúns foron de cego; prácticamente a inversión máis importante foi a de subvencionar negocios máis ou menos rurais a particulares, perdéndose os obxectivos principias, que serian o de creala infraestructura necesaria para o desenvolvemento desta actividade económica, e o de potencia-la comercialización de productos con carné de identidade. E ainda con todo, os homes e as mulleres do Courel son os de sempre, posuidores dunha cultura propia daqueles que acostuman a mirar ó lonxe, sen barreiras no horizonte e coa intelixencia dos que saben estar satisfeitos do seu, xente que non pertence a ningún século.
De ahí a relevancia que pode ter unha sinxela asociación como "Fonte do Milagro", que prácticamente sen apoios económicos potencian o sentemento de "comunidade", recuperando un patrimonio cultural e social co seu labor.
Dende aquí facemos votos para que esta fonte de comunicación serva de nexo entre as xentes amantes do Courel.
Publicado originalmente en el nº1 de la revista A Candea (Agosto 2000)