..."Esta población se llama San Vicente de Villamor. Está compuesta de siete lugares o poblaciones que son: Villamor, Froján, Carballal, Mazo Santiagoso, Villar, Vidallón y La Campa. Tendrá de Levante a Poniente una legua y de norte a sur tres cuartos de legua y de circunferencia tres leguas que para caminarlas, por lo áspero y quebrado de la tierra, se necesitan ocho horas."...

Elena López Vilamor. Revista A Candea. nº1. Agosto 2000

Así comenzan as respostas ó libro Interrogatorio do Catastro do Marqués de la Ensenada datado do día 7 de decembro de 1752. Nese catastro non se fai referencia a aldea de Castro Portela, polo que foi necesario recurrir o Arquivo do Obispado de Lugo para saber dende que ano figura como núcleo de poboación dita aldea, e aparecen nacementos rexistrados dende o ano 1713; o que non queda moi claro é que nuns casos refírense a Castro e noutros a Portela. O primeiro falecido atopado é do 9 de outubro de 1715 e non dí a idade que tiña. Existen datos mais antigos no Obispado pero son mais difíciles de ler e non son tan precisos. O mesmo Catastro da Ensenada fai referencia a construccións en Rendar, pero non fala de se eran sequeiros ou casas habitadas. Ainda hoxe hai persoas que comentan oir falar dunha señora maior que iba a misa a Rendar. Hoxe en día aprecianse restos de cal nas paredes dunha construcción que ata fai uns anos utilizouse como sequeiro para secar as castañas e que ben poido ser a capela da que falamos.
Limita polo Norte coa Parroquia de Seceda e os Concellos de Puebla de Brollón, Incio e Samos, polo Sur co Concello de Quiroga, polo Este coa parroquia de Folgoso e polo Oeste co Concello de Puebla de Brollón.
Pertencen a esta parroquia os seguintes núcleos de poboación: A Campa, Carballal , Castro Portela Froxán, Mazo Santiagoso, Vidallón, Vilar e Vilamor; variandp a altitude destas zonas, pasando de Froxán con 450 metros de altitud ata os 800 mts do Carballal. O índice de poboación variou moito nos últimos cincuenta anos, pasando de ter no ano 1950 743 habitantes a ter a 1 de xaneiro de 2000 180, sendo a principal causa a emigración as grandes cidades como Madrid, Barcelona e o extranxeiro. A media de idade é moi alta debido o envellecemento da poboación e a existencia de poucos nenos.

Esta parroquia está bañada polas augas dos rios Lor e Loureiro. O pico máis altoé o Alto dos Conventos con 1128 metros.
O terreno é fértil na sua maioría , o tipo de cultivo que se realiza é, fundamentalmente para consumo humán: patacas, verduras e hortalizas, etc.
Nalgunhos lugares, como en Froxán e Castro Portela, existen plantacións de viñedos. O resto adicase a praderia. Ata non fai moitos anos, tamén se cosechaban cereais como o centeno, o trigo e o millo, pero o abandono das explotacións gandeiras fixo que se deixaran de lado estes cultivos, ainda que algún veciño sembre algún leiro con millo e trigo.
En canto a arboreda existente nesta parroquia, a maioría é castaño e pino, pero tamén abundan os árbores frutaís tales como: cerdeiras, mazairas, pereiras, ameixeiras, alghúns kiwis, etc. Destacar, como curiosidades o souto de xufreiras existente en Froxán, xa que este tipo de árbore é de clima mediterráneo. Ë rico en minerais de ferro e en pizarra.
Referente o sector económico predominan os agricultores e gandeiros, os traballadores por conta allea, e os traballadores por conta propia. Existen aloxamentos de turismo rural na aldea de Vilamor.
No campo da arqueoloxía é unha parroquia rica en restos castrexos: atopándose cerca da aldea de Vilar, un dos castros mais grandes de Caurel, no que se atoparon abundantes restos cerámicos, afiadoras de cuarcita e trozos de ferro; Castro Portela (entrada os outros castros); Castro de Vilamor; Castro O Campo de Vilar. En Froxán existiu unha explotación aurífera en tempos dos romanos; sendo a mais importante deste estilo os restos localizados en Rendar.
En canto o relacionado coa Igrexa destacar que todas, ou casi toda-las capelas son similares, de planta rectangular, con muros de mampostería de pizarra e con teito a duas augas en madeira cuberta con pizarra.. A Igrexa parroquial é de planta rectangular, teito de madeira cuberto con pizarra a duas augas; o campanario ten tres campás. O retablo maior pertence o século XVIII, é de unha sola peza e ático con columnas salomónicas decoradas con racimos. Ten, ademais outros dous retablos laterais sendo de tendencia barroca con influencia do rococó. A festa parroquial celebrábase o día de Corpús. Aparte destes festexos, cada aldea honraba o seu santo.
Lugares que visitar nesta parroquia hai moitos para os que lles guste camiñar, sobre todo preto do rio xa que existen unhas rutas moi fermosas e doadas de andar; as distintas aldeas cos seus encantos, as fontes donde facer unha parada e tomar un trago de auga fresca, as capelas (cada unha coa sua peculiaridade).
Na aldea de Vilar existe un pequeno museo etnográfico propiedade de Juan de Ferreiro que merece a pena ver. En Froxán o Pozo do Tesouro, e o muiño. En Castro Portela os restos do Castro, e as fermosas vistas do rio Lor. En Vilamor a Igrexa e as vistas que dende o campo da festa se poden apreciar, xa que casi se vei todo Caurel. Todos por uha razon o outra teñen o seu encanto.

ELENA LÓPEZ VILAMOR

Revista A Candea. nº1. Agosto 2000

A Candea

  • Colección Revista A Candea
  • Selección de artículos

En esta sección puedes acceder a artículos individuales de A Candea: Selección de artículos

Leer más

Canal de video Fonte do Milagro

Acceder