Tolkien vuelve a nuestra portada con el estreno de la nueva película de Peter Jackson, "El Hobbit un viaje inesperado". Escucha la banda sonora mientras lo lees y transpórtate a la Comarca.

 

Fai moitos anos un amigo de A Coruña deixoume un libro, estaba escrito por un filólogo inglés amante das árbores, da campiña inglesa e que lle encantaba fumar en pipa. Era J.R.R. Tolkien, e o libro « O Señor dos Aneis » Hoxe é mundialmente famoso, unha historia marabillosa chea de elfos, ananos, magos, trasgos e guerreiros. Personaxes míticos xurdidos das vellas lendas celtas e escandinavas.

A historia transmitiume tanto, que cheguei a encariñarme cos personaxes e identificar as paisaxes imaxinarias ca realidade das paisaxes reais. Ó principio do libro fala dun lugar chamado “A Comarca” onde viven unhas xentes sinxelas (os hobitts). Amantes do campo, e cando rematan as súas tarefas co gando ou nas hortas, reúnense na taberna a rirse e contar historias, aquelo recordoume á xente do Caurel da miña infancia, cando se reunían nas longas noites do inverno a contar contos ó pé da lareira, ós filandóns ou ás festas de entroido. A mesma paisaxe desa comarca recóradame a o Caurel, aldeas pequenas rodeadas de prados e pequenas hortas. Pero como en toda boa historia hai un malo moi malo, chámase “Sauron” e vive nun lugar chamado “Mordor”, un lugar escuro, cheo de fume, e unha enorme torre negra, a súa intención é dominar ese mundo verde e luminoso e mergullalo na escuridade.
“Mordor” lémbrame ás grandes cidades, con escuras torres e cheas de fume. Para dominar ese mundo, “Sauron” crea un anel de poder que corrompe a quen o leva, algo moi parecido á sociedade actual consumista e depredadora, ¿cantos caureláns deixaron a súa comarca para irse a “Mordor” nos anos 60 e 70? Moitos para ganarse millor a vida nas grandes urbes, meus pais foron uns deles, eu tiña 4 anos e cando cheguei a Barcelona, a miña impresión debeu ser moi semellante á dos “hobbits” do libro cando chegan ás portas negras de “Mordor”, mesmo a contaminación da cidade fíxome coller unha enfermidade respiratoria. Sempre que puiden volvín a Caurel, iso lémbrame cando ó final da historia os “hobbits” retornan á súa “Comarca”.
O amor de Tolkien polas árbores vese reflectido, no episodio de “Barbol”, a árbore milenaria e sabia, que coida ás outras árbores do bosque, ¿non podía ser un deses castiñeiros centenarios dos nosos soutos ese Barbol?, castiñeiros que viven á beira das nosas aldeas e que alimentaron a tanta xente da serra. “Rivendel” é un lugar idílico no “ Señor dos Aneis” onde viven os “elfos”, a salvo da maldade de “Sauron”, eu sempre imaxinei ese “Rivendel” como a miña aldea rodeada de montañas e verdes prados. Desde a casa da miña aboa, ollábanse os bidueiros, e nos solpores as brétemas brincando polos picos da serra

Supoño que moitos xa vistes as tres películas, moi ben feitas, baseadas na historia; cando as vin unha reflexión nova veume á cabeza, ¿non seremos moitos como eses “hobbits” atrapados en aneis de poder, en forma dunha vida cómoda na cidade, que non temos valor para tornar á comarca? Pode ser, todos temos algo de “hobbits” e de “Sauron”.
Tolkien escribiu unha bonita historia sinxela e emotiva baseada na natureza humana.
Outro personaxe moi bonito do libro é o mago “Gandalf”, que tanto me recorda a aquel mago tan galego que Cunqueiro creara no seu libro “ Merlín e familia”.
Este verán á miña aldea chegou un home vello, fumaba en pipa e tiña acento inglés, veu falar con un vello no outeiro, preguntaba onde había un castro con mouros, o vello sinalou cara a montaña e díxolle a o home da pipa:
-Mouros, eu non creo neles , pero habelos hainos.
O home da pipa soriu e díxolle:
-Xa encontrei a miña comarca.
Apagou a súa pipa e marchouse cara o castro de Miraz.

Días despois un paxariño díxome que no ceo dos escritores Tolkien e Uxío, son moi ami gos e intercámnbianse poemas e escritos, os paxariños da serra sempre din a verdade. Fai unhos días entre as árbores do souto de Miraz, coméntase que foi o cumpleanos do castiñeiro máis vello. Polas noites as troitas do río Lor, falan dunha gran festa na ourela do río, un baile entre “elfos de Rivendel”, e “mouros do castro de Brio”, tocaba a gaita un home moi vello de Froxán. Tamén falan os corvos, de ananos buscando ouro na “mina da Toca”, e que un deles traballa na vella Ferrería de Seone facendo espadas. Espero que un destes soberbia queimada, sei que o invitou o “Merlín” de Cunqueiro a pasar unhos días en Mondoñedo, pero díxome o “druída do Chao da Pedra”, que igual ven pasar unhos días en Caurel. A “Sauron” no lle apetece ver a nosa serra, respirar un aire tan limpo, pero hai algúns caureláns que desexan invitalo, enchendo as rúas de lixo e queimando montes.
Tamén sei que “Sauron” ten algún bon amigo na Xunta e que xuntos fan plans para converter o Caurel nun lugar menos parecido á “Comarca”. Os veráns son máis interesantes desde que Tolkien estivo en Caurel. O posadeiro de Folgoso, xosé Pedriña, afirma que durmiu alí, e que deixou a súa pipa. O seu fillo atopou un poema na súa habitación:
Que o lume de Sauron
e os lobos de Isengard
non chegen a estas cumes
on de se vei
o pequeno que é o home.
Que a luz de Valinord os ilumine

¿Alguén dubida que Tolkien estivo no Caurel? Eu non, hai tantas comarcas, tantos Rivendels, no noso corazón, non deixemos que Sauron os queime.

Articulo publicado por Xaime Fariñas Chaos (Barcelona) en el número 18 de la revista A Candea, primavera 2006.

A Candea

  • Colección Revista A Candea
  • Selección de artículos

En esta sección puedes acceder a artículos individuales de A Candea: Selección de artículos

Leer más

Canal de video Fonte do Milagro

Acceder