Rutas y Senderismo

Ruta nocturna 2011

Para o día 13 de agosto está organizada pola Asociación FONTE do MILAGRO a xa tradicional Ruta Nocturna, nesta ocasión o percorrido a facer é o camiño dende Salcedo a Froxán. A distancia entre os dous puntos é de 13 quilómetros e 300 metros.

O lugar de reunión será en Froxán (42º32'53"N,7º15'10"W) e dende aquí desplazaremonos en autobus hasta Salcedo, a hora de partida do autobus esta prevista para as 21:00, si alguen desexa unirse o grupo no punto de inicio pode facelo e prevese dar comezo a ruta as 22:00.

O percorrido non ten maior dificultade, os desniveles son suaves e as pista polas que se transita están en bo estado para a práctica do sendeirsimo. No punto de partida a altitude é de 586 metros e as coordenadas son: 42º32'34"N,7º20'15"W. No primeiro quilómetro e medio o desnivel é inesistente e dende aquí comenza un descenso de case catro quilómetros hasta chegar o punto máis baixo do percorrido (340 metros) no cruce do río de Loureiro no lugar de Paramedela, dende este punto e durante 100 metros atopamos o desnivel máis significativo da ruta para logo seguir cun ascenso suave hasta o punto quilómetrico 5.900, no Souto de Paramedela o lado do sequeiro; aquí faremos unha parada para tomar un aperitivo e un cafe que de forzas para continuar co ascenso de case 2 quilómetros pero moi levadeiro. seguimos cun tramo case llano de algo mási de dous quilómetros e medio onde xunta a pista coa estrada de Pobra de Brollón a Folgoso do Courel no lugar denominado pena dos Zurulleiros, a partir deste punto comeza un descenso de pouco máis de dous quilómetros para chegar a Fonte do Milagro en Froxán, punto e final da camiñata. A duración prevista da ruta é de catro horas e medio

Salcedo_Froxan

A TER EN CONTA 

  • Roupa e calzado cómodo, non esquecerse de levar roupa de abrigo.
  • A ruta discorre por masa forestal importante, polo qué debemos extremar as precaucións e non facer actividade algunha que poda producir lume ( a ser posible deixar o tabaco e lume no punto de chegada)
  • Debemos respetar en todo momento o medio e non deixar tirados papeles, plástico ou calquera outro lixo
  • Levar lanterna e algunha prenda reflectante que axude a ser vistos.
  • Un coche todoterreno acompañará en todo o percorrido por si fose necesaria axuda.

DE INTERESE

  • A organización ofrecerá uns aperitivos e café de xeito gatruito

DE OBRIGADO CUMPRIMENTO

  • Formulario de inscripción
  • Os participantes na ruta deberán inscribirse antes do percorrido e asinar a folla que se entregará a cada persoa
  • Os non socios pagarán 3 Euros e os Socios 1
  • Información: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. - 619 025 252 - 629 412 111

Ruta nocturna 2010

O día 14 faremos un ano máis a Ruta Nocturna. O percorrido será o mesmo que estaba previsto para o ano pasado e que tivo que suspenderse pola forte tormenta dese día. O lugar de reunión será en Vilar do Lor as 21:30 e dende alí iremos en autobus hasta o Alto do Boi. O comenzo da ruta no Alto do Boi está prevista para as 22:30 por si alguen cecide pola súa conta achegarse o punto de inicio. O percorrido é de 10 quilómetros e a dificultade baixa. Conven levar calzado cómodo e roupa de abrigo. O descorrer a ruta por unha zona forestal débense extremar tódalas precaucións ante o risco de incendio, por eso e recomendable non fumar nin facer ningunha actividade de risco. Guias da asociación encabezarán a marcha, é moi importante escoitar as ordenes e consellos dados para que todo discorra con normalidade. A metade da ruta faráse unha parada para tomar un "tentempe" e un cafetiño quente, todo por conta a organización.

Os participantes que desexen desplazarse no autobus deberán aboar 1 €uro se son membros da Asociación FONTE do MILAGRO e tres socios de non selo.

É importante inscribirse o máis pronto posible, dado que o autobús conta con 50 prazas que se irán ocupando segundo inscripción.

A información e inscripcións poden facerse no teléfono 982 15 53 06 - 619 02 52 52  e tamén no nederezo Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.  

Ruta nocturna 2009

FECHA: 15 de Agosto de 2009
PERCORRIDO: 10 Quilómetros
DURACIÓN PREVISTA : Pouco máis de 3 horas, facendo paradiña na mitade da ruta para tomar un aperitivo e café.
DIFICULTADE: Media-Baixa, a ruta discorre por pistas forestais amplas e sen desniveis importantes, saímos dunha altitude de 99O mts e a chegada está a pouco máis de 800 o punto máis alto do percorrido ten 1050 mts.
HORA E LUGAR DE CONCENTRACIÓN : Ás 21:30 Xuntaremonos polos nosos medios en Vilar do Lor, Concello de Quiroga diante da Casa de Turismo Rural "CASA BONIFACIO" aquí recolleranos un autobus para levarnos o punto de partida on de prevee o inicio da ruta para as 23:00 horas
PREZO: Socios 2 €uros - Non socios  3 €uros,  para axudar a custear o autobús
IMPORTANTE: Levar roupa e calzado cómodo, unha botella de auga, linterna, e roupa de abrigo, as noites nestas datas empezan a  refrescar.
MUY IMPORTANTE: A RUTA ATRAVESA UNHA ZONA FORESTAL E POR TAL O RISCO DE INCENDIO PODE SER ALTO¨; COMPRE TER EN CONTA ISTO E NON FACER CALQUERA ACTIVIDADE QUE PODA SER PERIGOSA DE CARA O LUME.
INSCRICIÓN: Antes da noite do día 14, os non inscritos terán que desplazarse polos seus medios se non queda praza no autobus.
TELEFONOS DE CONTACTO PARA INSCRICIÓN: 982 155 316 - 619 025 252 -  Enderezo electrónico: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo., preguntar por Evaristo

 

Ruta Sendeirismo de Maio

Ruta: Río de Bois - Couso - Lebrón - San Vitorio

  • Día: 17 de maio de 2013
  • Percorrido: 13,5 quilómetros
  • Dificultadade : Baixa
  • Lugar de saída: Estrada LU-4701 (Pobra do Brollón - Folgoao so Courel) P. K. 11,600
  • Duración: Aprox. 4 hora
  • Saída: 10:OO

Quen desexe participar deberá inscribirse antes das 15:00 do día 16 de maio e pode facelo no teléfono 619 025 252

e tamén no enderezo Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.. Tamén haberá unha comida o rematar a ruta na área recreativa do San Vitorio, para quen se inscriba .

Estase a negociar un autobús para o transporte dende o punto final o lugar onde se vai comezar a andaina. Depende do número de participantes.

A Candea

  • Colección Revista A Candea
  • Selección de artículos

En esta sección puedes acceder a artículos individuales de A Candea: Selección de artículos

Leer más

Canal de video Fonte do Milagro

Acceder