Sábado, 25 de octubre
Lugar de Reunión: Froxan O Caurel
Hora: 9:45

A Barrosa - A Golada - A Barrosa
Distancia: 11,5 Kms
Duración Aprox.: 3,5 Horas
Dificultade: Media-Baixa

Noticia en La Voz de Galicia

 

 

Descrición da Ruta:

         O lugar de inicio da ruta será na Estrada Pobra do Brollón – Folgoso do Courel (punto quilométrico 21,600). Un punto bo de referencia é o depósito para almacenamento de auga e a fonte que está á beira da estrada xusto ó pasar o regato (Río Seco).

       Aquí deixaremos os vehículos para tomar unha pista que en suave ascenso discorre entre piñeiros; o pouco rato teremos fermosas vistas da parte baixa do Courel e do Lor: podemos ollar dende arriba as aldeas de Castro de Portela e Froxán. Avistaremos tamén parte da extensión do plegue tumbado de Campedola e os bosques do Lago, o Val e a Vitureira. Continuamos pola pista para avistar unha fermosa panorámica de Vilamor; ó outro lado do río: Vilar, Vidallón, A Campa e máis arriba, Folgoso. Algo máis de 5 quilómetros e chegamos á estrada que leva de Vilamor a O Carballal, ascendemos uns metros hasta chegar ó alto, estamos en A Golada, aquí deixamos a estrada e xiramos á esquerda á beira dun refuxio de cazadores, aquí faremos unha breve parada para tomar un aperitivo. Continuamos por unha pista con piñeiros a ambos lados e uns metros máis adiante chegamos ó punto máis alto da ruta; dende aquí avistamos o Alto do Castro e Os Catro Cabaleiros, a aldea do Carballal, Parada dos Montes e unha fermosa panorámica das Terras de Brollón e o Val de Lemos; continuamos pola cima da montaña, unha pista-cortalumes que separa a vertente do Lor e do Río Loureiro, seguimos en descenso e avistamos, ó fondo do val, a aldea de O Mazo de Santigoso e os montes da Ferrería de Loureiro. Sigue a ruta pola zona da Trapa hasta chegar á paraxe coñecida como Enceliña, lugar donde cruzaba o vello camiño que levaba de Froxán a Parada dos Montes. Uns metros máis de descenso e xiramos á esquerda para deixar a pista-cortalumes e coller un camiño polo que seguiremos uns 100 metros para coller á dereita e en descenso un camiño que durante uns metros ten unha baixada pronunciada hasta chegar ó rego de Río Seco, un xiro á dereita e camiñamos en paralelo pola marxe dereita, 300 mts. aprox hasta chegar a estrada e punto de inicio da ruta.

Rematada a Ruta iremos a Froxán para degustar un magosto e un caldiño quente.

É necesario facer a inscrición antes do venres dia 24 ás 15:00 horas

Non Socios: 2 €uros

Socios: 1 €uro

Para Información e Inscrición: Tfnos: 619 025 252 (Evaristo) e 629 412 111 (Elena) tamén no enderezo: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

Si a climatoloxía fora moi adversa a RUTA podería ser aprazada ou suspendida, para elo informarse nos teléfonos indicados ou na web: www.fontedomialgro.es


 

 

 

 

A Candea

  • Colección Revista A Candea
  • Selección de artículos

En esta sección puedes acceder a artículos individuales de A Candea: Selección de artículos

Leer más

Canal de video Fonte do Milagro

Acceder