Na reunión celebrada o pasado día 21 de abril tomáronse os seguintes acordos:

ACTIVIDADES PROPOSTAS PARA 2011

  • Xuntanza de artesáns ( Vilamor, día 4 de xuño)
  • Certame de Pintura (Pendiente de encontrar financiación) se celebrarse será o día 9 de xullo en Froxán)
  • Ruta Nocturna (O día 13 de agosto, ruta sen decidir)
  • O día 10 de setembro Ruta de senderismo dende Froxán a Quiroga, polo vello camiño da feira, a idea e lembrar om percorrido que cada 10 e 27 de mes facían moitos veciños da parte baixa do Caurel para acudir a Feira a Quiroga)
  • Magosto popular aínda sen decidir o lugar; a data será pola fin de semana máis próxima a 1 de novembro
  • Festa da Pisa, na ponte da Constitución a data fixa aínda está por decidir.
  • Tamén se acordou organizar un concurso de fotografía a da nun principio sería na ponte do día das letras gaelgas pero ante a proximidade desta data pode non sexa posible organizalo na citada data.
  • Acordouse manter a cota para o presente exercicio en 25 €uros
  • Acordouse facer unha subasta dos cadros que a Asociación garda dos Certámes de Pintura, dirixída en principio para os socios