Rematado o tempo de goberno da actual Xunta Directiva como se recolle nos estatutos que rixen o funcionamento da Asociación; comunícaselle a tódolos socios e socias que poden presentar a súa candidatura para dirixir a Asociación os vindeiros catro anos. Os candidatos a representar a asociación deberán enviar antes do día 31 de marzo os datos (Nome, Apelidos e D.N.I.) dos membros a elexir: Presidente/a, Vicepresidente/a, Secretario/a, Tesoureiro/a e tres vocales mínimo. A xuntanza para elexir a futura xunta directiva celebrarase logo da Asamblea Xeral Ordinaria convocada para o día 10 de abril de 2009. A hora da primeira convocatoria, será ás 21 horas e a segunda e última, media hora máis tarde.
O presidente
Evaristo Méndez Vila