Asociación Fonte do Milagro

  • Default
  • Title
  • Date
  • Random
  • Uno de los compromisos de la Asociación es fomentar las actividades de senderismo y recuperación de rutas. Anualmente la asociación programa varias actividades de este tipo incluyendo rutas nocturnas
    Leer más

    Rutas y Senderismo

  • Cada año en la primera semana de diciembre se organiza la Fiesta de la Pisa de la Castaña. UN evento que reune a las figuras más representativas de las artes y las letras de Galicia.  
    Leer más

    Festa da Pisa da Castaña

  • En el enclave único e irrepetible del Caurel se realiza anualmente un Encuentro de Artesania
    Leer más

    Encontro de Artesans

  • Anualmente se desarrolla una jornada de Pintura al aire libre. El estilo y técnica son libres. La temática del certamen gira entorno a O Caurel (gentes, paisajes etc.)
    Leer más

    Certame de Pintura

  • La Asociación Fonte do Milagro celebra la Semana Santa, cada año con el Via Crucis el Viernes Santo
    Leer más

    Semana Santa

  • La Asociación Fonte de Milagro es un elemento dinamizador de la cultura en O Caurel. Entre sus actividades se cuentan algunas como la Festa da Amizade
    Leer más

    Otras Actividades

O 27 de maio de 2006, sábado, o Club Excursionista Acivro, dentro do seu programa de actividades para este ano,realizou outra nova ruta de sendeirismo polo Courel dentro dunha serie que ten pensado efectuar para dar a coñecer a todos aqueles interesados este impresionante espazo natural da provincia de Lugo.

DISTANCIA: 19 Quilómetros.  DURACIÓN: 7 Horas.

Este grupo realizou a Ruta Alto do Couto-A Seara-A Lucenza-Formigueiros e na mesma participaron 36 personas, baixo a coordinación e guía do membro de dita asociación Alejandro González Arias.
Trátase dunha impresionante e fermosa ruta circular de alta montaña, que discorre en gran parte polos puntos máis elevados da serra, e na que teremos a oportunidade de contemplar, ademais de estupendas paisaxes, algunhas das belezas naturais máis importantes do Courel, entre as que se atopan a fervenza de Vieiros, a fervenza do Fócaro, a fervenza de Navaregas, a lagoa da Lucenza, e o pico máis elevado do Courel, o Formigueiros, desde o que se poden ver, con tempo despexado, os cumios dos Ancares.
Desde o punto de vista etnográfico pódense contemplar construcións tradicionais típicas da zona coma os sequeiros e muíños e visítanse dúas das aldeas máis típicas do Courel: Vieiros e A Seara, esta última unha das máis fermosas da serra, que tivo un proceso de restauración nos últimos anos. O percorrido parte do Alto do Couto, a una altura de 1300 m. e desde aquí comezaremos a subir forte por unha pista que nos leva ó cruce das numerosas pistas que surcan a serra polos cumios nas proximidades do Formigueiros, a uns 1550 m de altitude, cerca do teito do Courel, con 1640 m. Ó chegar arriba atopamos un cruce, e collemos a pista que comeza a descender pola esquerda e que nos leva por unha antiga zona mineira denominada zona mineira das Ferreñas. Precisamente a zona do Formigueiros, o pico máis elevado do Courel, foi o punto máis importante de extracción do mineral de ferro na serra que abastecía ás 25 ferrerías que chegou a haber no Courel e que configuraron unha auténtica industria, todas pertencentes ó Monasterio de Samos ata que chegou a desamortización de Mendizábal que as despoxou delas. Nestas explotacións os venaqueiros sacaban o mineral dos cumios con picos e cuñas (guillos), e baixábanse con carros de bois e mulas. Da de Formigueiros extraíanse entre 10000 e 15000 toneladas de mineral ó ano. As primeiras ferrerías consistían en simples fornos de pedra nos que se reducía o mineral coa axuda do vento primeiro e logo cos foles de man. A bola pastosa que resultaba do fundido chamábase zamarra e era transformada en barras estreitas o vergallóns polos empregados das ferrerías ou ferróns. Como combustible usaban carballo, castiñeiro ou uz. Seguindo coa ruta pasamos polas proximidades da Cova de Arcos, sempre cunhas vistas panorámicas espectaculares con vexetación de monte baixo e comezamos a descender ata chegar a aldea tradicional de Vieiros, case abandonada, que merece a pena ser visitada polo seu tipismo e as súas construcións tradicionais. A 1 km de Vieiros pola estrada en dirección a Ferramulín, sae o camiño que nos leva á fermosa fervenza de Vieiros, a máis impresionante do Courel cunha espectacular e desbordante caída do río Selmo, desde 25 metros de altura, creando un entorno máxico motivado pola brétema que esta cortiña líquida produce.Nada máis empezar o descenso, onde están tres torretas da luz, hai un cruce de camiños: o da dereita será o que nos leve directamente á fervenza.
Regresamos á estrada e imos cara A Seara, unha das aldeas máis auténticas do Courel, cunha conservada estrutura medieval e que nos últimos anos tivo una importante labor de restauración. Ademáis dun mesón e un albergue de montañeiros, ten a fermosa igrexa de Sta. Mª Madanela, sobre a estrada, con patronos do século XIV e XVIII e retablos neoclásicos. É cabeceira dunha parroquia de catro núcleos: Vieiros, A Seara, O Soldón e Vilarbacú, e durante siglos pertenceu á encomenda de Quiroga, da Orde de San Xoan de Xerusalén.
Unha vez visitada tranquilamente a aldea, temos dous sendeiros, un o camiño da veneira que era o que empregaban os veciños da zona para baixar co mineral de ferro en carros de bois desde o Formigueiros e outro, que será o que tomemos, que nos leva en primeira instancia ata a Fervenza do Fócaro, unha das máis belas do Courel, de 30 m. de altura e de caudal constante durante todo o ano. Deixando atrás a fervenza, a senda segue paralela ó río Selmo, e logo de 1 ½ km chegamos a unha ponte de madeira que cruza o rego de Porto Mourelos, onde atoparemos a fervenza de Navaregas, a máis salvaxe das tres e un dos maiores saltos de auga da serra, duns 70 m. de altura.
Por iso digo que difícilmente nunha mesma ruta se pode contemplar tanta variedade de marabillas naturais.
Cruzamos a ponte do rego de Porto Mourelos, e comezamos unha dura subida que nos dirixe á Lagoa da Lucenza, de 70 m. de diámetro, pequena pero moi fermosa polo lugar tan illado onde se atopa e que é un dos ecosistemas máis valiosos do Courel. Esta pequena lagoa é, xunto coas do Mostallar (Os Ancares) e Pena Trevinca, das poucas lagoas glaciares de Galicia. A súa orixe remóntase ás etapas glaciares entre 11 e 16.000 anos. Está situada a 1420 m de altitud, na cabeceira do val da Seara, e baixo o Mallón (1589 m). Trátase dunha cunca oval de reducidas dimensións, que tende a conxelarse no inverno e case a secarse no verán. A lagoa orixina a presenza de comunidades vexetais valiosas na súa beira, que acostuman a estar sumerxidas parte do ano, e que constitúe un ecosistema único en Galicia, destacando xuncos, comunidades propiamente acuáticas e salgueiros e retamas que a rodean. Nas súas beiras non é difícil distinguir pegadas de mustélidos, corzos e lobos.
Tras un breve descanso, seguimos polo camiño ascendendo ata chegar ó cruce de pistas que recorre os cumios. Tomaremos a pista da dereita, que en ascenso nos dirixe de volta acercándonos cada vez máis ó Formigueiros.
Nun punto da pista sobe un sendeiriño ata o Formigueiros, o pico máis alto do Courel con 1643 m, desde o que, en días despexados, se divisa a panorámica máis impresionante da serra, co telón dos Ancares ó fondo.
De novo na pista, non queda máis que seguila sen perda ata comezar a baixar cara ó Alto do Couto e completar así esta fermosa ruta duns 19 km de lonxitude e duración estimada de 7 horas.
Alejandro González

A Candea

  • Colección Revista A Candea
  • Selección de artículos

En esta sección puedes acceder a artículos individuales de A Candea: Selección de artículos

Leer más

Canal de video Fonte do Milagro

Acceder