Percorrido: A PONTE de BALDOMIR - VILAR - FROXAN Día 3 de novembro de 2012

  • Distancia: 8,5 Quilómetros
  • Tempo aprox. contado a parada en Vilar para o magosto: 4 horas e media
  • Dificultade: Media
  • Hora de reunión: 11:30
  • Lugar: A Ponte de Baldomir (42º 34´ 35,81" N  -  7º 13´4,18" O)
  • Para gastos; cada participante deberá abonar 3 euros o inicio da ruta
  • É necesario facer inscripción con antelación,  para elo pódese chamar os teléfonos 619 025 252 ou 629 412 111 e tamén no enderezo Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

DESCRIPCIÓN:

A ruta da comezo na Ponte de Baldomir, diante do que foi "Bar Catuxo", dende aquí ascenderemos hasta A Campa para continuar polo camiño que leva a Vidallón e Vilar, atravesamos parte do souto da Campa hasta chegar á Pista do Salto, vía aberta a principios da década dos 60 do pasado século para facer sondeos do proyectado embalse do río Lor. Continuamos pola pista hasta o final e aquí entramos no sendeiro dos Calangros que descorre a media ladeira ollando ós pes o fondo canón do río, Un anaco de carreiro que recorda a popular Ruta do Cares, fronte a nos o Monte Penido e máis adiante, agochado entre o souto, a aldea de Vilar; antes de chegar pasaremos á beira do vello muiño de Vilar e dos restos do Castro Pequeno. Entramos na aldea, á beira da Fonte da Saúde e do museo de Xan, aquí faremos parada para degustar un magosto e un caldiño quente, si o día axuda, esto terá lugar no campo da festa. Logo de repoñer forzas continuamos hasta o Castro Grande e a capela de San Roque.

Descendemos hasta o Lor e atravesámolo pola Ponte do Bao.

Dende aquí asecendemos hasta Froxán. FIN DA RUTA