Ruta: O Carballal - Salcedo

O Sabado día 8 de xuño de 2013 unha nova andaina, nesta ocasión faremos algo máis de 13 quilómetros entre O CARBALLAL e Salcedo.

O lugar de saída será en O Carballal, un pouco antes da entrada do pobo na estrada que vai dende a Pobra de Brollón. Aquí colleremos o vello camiño que leva a Parada dos Montes, coñecido como o Camiño das Raices. atravesamos a fermosa aldea de Parada para continuar o Mazo. Cruzamos a estrada que leva de Pobra do Brollón a Folgoso do Courel e acompañamos o rio Loureiro hasta a Ferrería de Loureiro; logo de atravesar a devesa. dende aquí ascendemos pola pista hasta Domiz e de aquí a Salcedo. Fin do traxecto. A hora prevista para saida é as 10:00 horas. Un autobús collerá os participantes en Salcedo ás 09:30 para desplazarnos ó punto de inicio. Rematada a ruta quen desexe pode participar nunha xantar que faremos nun establecemento da vila.

A data de remate para a inscrición será o xoves día 6 antes das 22:00 horas

Dintancia da Ruta: 13,5 Quilómetros

Dificultade: MEDIA

Duración prevista: 4,5 Horas

IMPORTANTE: SI A DOUS DÍA DA RUTA AS PREVISIÓNS METEREOLÓXICAS FORAN MOI ADVERSAS PODERÍA SUSPENDERSE A CAMIÑATA.

De haber algunha modiificación faríase público na web.

Para inscrición e Información: No enderezo: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. ou ben no teléfono 619 025 252

 

Acceder