Ruta nocturna 2011

Para o día 13 de agosto está organizada pola Asociación FONTE do MILAGRO a xa tradicional Ruta Nocturna, nesta ocasión o percorrido a facer é o camiño dende Salcedo a Froxán. A distancia entre os dous puntos é de 13 quilómetros e 300 metros.

O lugar de reunión será en Froxán (42º32'53"N,7º15'10"W) e dende aquí desplazaremonos en autobus hasta Salcedo, a hora de partida do autobus esta prevista para as 21:00, si alguen desexa unirse o grupo no punto de inicio pode facelo e prevese dar comezo a ruta as 22:00.

O percorrido non ten maior dificultade, os desniveles son suaves e as pista polas que se transita están en bo estado para a práctica do sendeirsimo. No punto de partida a altitude é de 586 metros e as coordenadas son: 42º32'34"N,7º20'15"W. No primeiro quilómetro e medio o desnivel é inesistente e dende aquí comenza un descenso de case catro quilómetros hasta chegar o punto máis baixo do percorrido (340 metros) no cruce do río de Loureiro no lugar de Paramedela, dende este punto e durante 100 metros atopamos o desnivel máis significativo da ruta para logo seguir cun ascenso suave hasta o punto quilómetrico 5.900, no Souto de Paramedela o lado do sequeiro; aquí faremos unha parada para tomar un aperitivo e un cafe que de forzas para continuar co ascenso de case 2 quilómetros pero moi levadeiro. seguimos cun tramo case llano de algo mási de dous quilómetros e medio onde xunta a pista coa estrada de Pobra de Brollón a Folgoso do Courel no lugar denominado pena dos Zurulleiros, a partir deste punto comeza un descenso de pouco máis de dous quilómetros para chegar a Fonte do Milagro en Froxán, punto e final da camiñata. A duración prevista da ruta é de catro horas e medio

Salcedo_Froxan

A TER EN CONTA 

  • Roupa e calzado cómodo, non esquecerse de levar roupa de abrigo.
  • A ruta discorre por masa forestal importante, polo qué debemos extremar as precaucións e non facer actividade algunha que poda producir lume ( a ser posible deixar o tabaco e lume no punto de chegada)
  • Debemos respetar en todo momento o medio e non deixar tirados papeles, plástico ou calquera outro lixo
  • Levar lanterna e algunha prenda reflectante que axude a ser vistos.
  • Un coche todoterreno acompañará en todo o percorrido por si fose necesaria axuda.

DE INTERESE

  • A organización ofrecerá uns aperitivos e café de xeito gatruito

DE OBRIGADO CUMPRIMENTO

  • Formulario de inscripción
  • Os participantes na ruta deberán inscribirse antes do percorrido e asinar a folla que se entregará a cada persoa
  • Os non socios pagarán 3 Euros e os Socios 1
  • Información: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. - 619 025 252 - 629 412 111

Acceder