Rutas y Senderismo

Esta sección muestra las actividades de rutas y senderismo organizadas por la Asociación Fonte do Milagro. Se proporciona información sobre las rutas asi como los métodos para registrarse.

RUTA DE MAIO

DÍA: 16 maio 2015
PERCORRIDO: Ferreirós de Abaixo- Camiño Real- Camiño de Roxedaiga- Teso de Vales- Ferrería Nova- Camiño de Mercurín- Val das Mouras- Río Lor- Ferreirós de Abaixo
DISTANCIA: 10,7 Quilómetros
TEMPO ESTIMADO: 4 Horas
DIFICULTADE: Media
HORA DE PARTIDA: 09:30
Para participar na ruta é necesario facer inscición antes do xoves 14 de maio as 20 horas
Rematada a ruta xantaremos un churrasco no PONTÓN. O número de comensales esta limitado a 55 pola capacidade do local.
Para información e inscrición nos teléfonos 619025252 - 629412111 ou ben no enderezo electrónico. Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.
BREVE DESCRIPCIÓN DA RUTA

Sairemos de Ferreirós de Abaixo polo Camiño Real en direción a Savane, na metade do camiño, en Paradela, pouco antes da Pena do Escribano, onde teremos a opción de facer unha mini travesía pola mina medieval de ferro. Aqui mesmo, desviámonos polo Camiño de Rodexaiga, logo pasaremos por riba da Reboleira Chanderide, continuamos por debaixo do Teso de Pinza, pola Reboleira de Vales, logo baixamos polo cerengo do Teso de Vales, polo Carreiro dos Carbueiros hasta a Ferrería Nova. Aquí tomamos o Camiño de Mercurín , ao chegar ó souto desta aldea, desviamonos do camiño á esquerda e baixaremos polo Carrozo de Liñares ata o Val das Mouras. Logo de percorrer este labirinto calcario , sairemos á Ferrería Vella, onde cruzaremos o río Lor, e camiñaremos pola marxe esquerda ata a Ponte Grande ( km 29 da estrada Lu-651) Dende aquí a Ferreirós de Abaixo subiremos pola marxe esquerda do Río Ferreirós. O punto máis baixo de todo o percorrido é o Pozo Longo preto da Ponte Grande, a 480 msnm; o máis alto, Chanderide a 1.000 msnm.

 

RUTA DO XOVES SANTO 2015

O próximo xoves día 2, dende a Asociación damos comezo a unha nova  temporada de rutas. Para esta ocasión acondicionamos una ruta circular con saída e chegada en Vilamor aproveitando os vellos camiños e sendeiros da zona.
O lugar de reunión e partida será na Estrada de Pobra do Brollón a Folgoso do Courel, xusto á entrada do pobo de Vilamor
A hora de saída está prevista para as 10:30
O percorrido é de pouco máis de 8 quilometros
Dificultade MEDIA aínda que se libra un considerable desnivel
Os que desexen participar deberán facer a inscrición antes do día 1 ás 15:00. Esta será gratuíta
Rematada a ruta faremos un xantar campestre. Os que desexen participar deberán pagar 6 €uros, os non socios de Fonte do Milagro, e 5 €uros os socios,
Os participantes antes da saída deberá cubrir e asinar unha ficha facendo constar que eximen de responsabilidade a Organización do que á persoa poda acontecer durante a marcha.
Os participantes deberán en todo momento acatar as normas que para esta ruta ten prevista a Organización e coñeceran antes da saída

BREVE DESCRICIÓN DA RUTA

Atravesamos a aldea de Vilamor en dirección Noreste para tomar o camiño de Folgueiras, pasamos pola fonte que leva este nome donde se pode tomar un trago de auga e coller provisións para o camiño, aquí empeza o sendeiro a descender, atravesamos o Carrozo de Rexíu, logo pasamos por un frondoso bosque de mimosa hasta chegar á estrada que leva a Eiriz, atravesamos esta e seguimos descendendo polo camiño da Costa, hasta chegar a Baldomir, aquí xiramos a esquerda, en poucos metros estamos ná Estrada Pobra do Brollón – Folgoso do Courel (Ponte de Baldomir). Seguimos por ela en paralelo ó Lor na súa marxe dereita hasta a Pincheira de Rexiu, aquí unha paradiña para facer unhas fotos e tomar un cafetiño.  A ruta sigue pola estrada hasta  o primeiro recodo coñecido aquí coma Volta de Nabido onde tomamos o camiño que se vai adentrando nun fermoso bosque e serviu para dar acceso a prados e cabanas da zona e o mesmo tempo baixar ó río, descendemos en zig-zag hasta chegar á beira río onde continuaremos a marcha pola vella canle que levaba a auga para rego das Veigas de Freán, neste traxecto veremos de fronte a nos a outra beira do Lor, a Aceña de Regino, unha fermosa construción hoxe en ruínas e que durante moitos anos moia o gran da zona. Chegados a Veigas de Freán onde, segundo as lendas estaba situado o antigo poblado de Vilamor comezamos o ascenso de 1,5 quilómetros por un impresionante souto de castiñeiros, camiño que nos leva de volta ó punto de inicio. Pouco antes de chegar ó pobo podemos facer unha para e apartar uns metros do camiño para visitar o Caleiro da Torre unha das poucas construcións deste tipo que aínda quedan na zona.

RUTA do 13 de SETEMBRO de 2014

Ruta: SECEDA – BALDOMIR


  • Percorrido: 10 Kms. Aprox.
  • Duración Prevista: 3 Horas
  • Dificultade: Media
  • Lugar de reunión: A Ponte de Baldomir
  • Hora: 10:00
  • Hora prevista inicio da Ruta: 11:00

O desprazamento dende Baldomir hasta Seceda será en autobús para as persoas que o desexen, para elo é necesario facer reserva antes das 20 horas do día 11 de setembro.

As prazas no autobús reservaranse por rigurosa orde de inscrición.

Rematada a ruta haberá un xantar en Baldomir, quen desexe participar deberá facer a correspondente reserva antes das 20 horas do día 11 de setembro.

Leer más...

RUTA DO MAGOSTO 2014

Sábado, 25 de octubre
Lugar de Reunión: Froxan O Caurel
Hora: 9:45

A Barrosa - A Golada - A Barrosa
Distancia: 11,5 Kms
Duración Aprox.: 3,5 Horas
Dificultade: Media-Baixa

Noticia en La Voz de Galicia

 

Leer más...

RUTA NOCTURNA ALTO DO BOI - VILAR DO LOR. 9 de agosto 2014

Ruta: ALTO DO BOI - VILAR DO LOR

  • Distancia: 11 Kms
  • Dificultade: BAIXA
  • Día: 9 de agosto
  • Hora de Saída: 22:30
  • Duración prevista: 4 Horas con parada para tomar aperitivo

Para quen o desexe haberá un autobús para desplazar a xente dende Vilar do Lor hasta o Alto do Boi, a hora de reunión en Vilar do Lor será ás 21:30. Quen desexe acudir ó punto de partida por súa conta deberá regresar a este punto por seus medios si deixa alí o vehículo. Quen desexe usar o autobús deberá facer a inscrición antes das 15 horas do día 8 de agosto.

Tódolos participantes deberán cubrir unha ficha antes de iniciar a ruta e así facer unha relación de participantes para a Organización.

Os membros da Asociación  pagaran 2 €uros e os non socios 5 €uros

Para información e inscrición no correo: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.  e nos teléfonos 619 025 252 (Evaristo) e 629 412 111 (Elena)

Haberá coche de acompañamento

Necesario levar linterna aínda que para esas datas teñamos lúa chea,  roupa de abrigo e bo humor

Si as condicións climatolóxicas foran adversas a ruta podería ser suspendida.

 

El Tiempo Folgoso do Courel