Ruta nocturna 2010

O día 14 faremos un ano máis a Ruta Nocturna. O percorrido será o mesmo que estaba previsto para o ano pasado e que tivo que suspenderse pola forte tormenta dese día. O lugar de reunión será en Vilar do Lor as 21:30 e dende alí iremos en autobus hasta o Alto do Boi. O comenzo da ruta no Alto do Boi está prevista para as 22:30 por si alguen cecide pola súa conta achegarse o punto de inicio. O percorrido é de 10 quilómetros e a dificultade baixa. Conven levar calzado cómodo e roupa de abrigo. O descorrer a ruta por unha zona forestal débense extremar tódalas precaucións ante o risco de incendio, por eso e recomendable non fumar nin facer ningunha actividade de risco. Guias da asociación encabezarán a marcha, é moi importante escoitar as ordenes e consellos dados para que todo discorra con normalidade. A metade da ruta faráse unha parada para tomar un "tentempe" e un cafetiño quente, todo por conta a organización.

Os participantes que desexen desplazarse no autobus deberán aboar 1 €uro se son membros da Asociación FONTE do MILAGRO e tres socios de non selo.

É importante inscribirse o máis pronto posible, dado que o autobús conta con 50 prazas que se irán ocupando segundo inscripción.

A información e inscripcións poden facerse no teléfono 982 15 53 06 - 619 02 52 52  e tamén no nederezo Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.  

Acceder