Mentres as aureanas peneiraban o ouro nos praceres fluviais do río Lor en Froxán e Castro Portela, os homes traballaban nos aluvións. De cando en vez, unha rebolada resoaba na serra, non era o trono, eran os derrames das montañas que os homes provocaban co sistema "ruina montium" baixo a observancia dos romanos. Esto aconteceu nos comezos do século I d.. C. Aínda hoxe podense apreciar as cortas de arrastre polas que pasaba a auga provocando o derrame ó pendurar as montañas. Naquel tempo, a explotación do ouro estivo en auxe en toda a serra do Caurel como o demostran as explotacións auríferas das minas de Torubio este e oeste, a mina da Toca, a de Millares, o túnel de Romeor, os xacementos de ou ro secundario de castro Portela e Froxán etc. En moitos lugares do Caurel, aprécianse restos de numerosos lavadoiros agachados entre a maleza Son de subliñar as canles ou antigas, as "antiguas" de que fala a xente que levaban a auga ata as explotacións romanas. Anos despois foron utilizadas como "camiños". O mosteiro de Samos contou dende antigo con propiedades no Caurel, por iso os monxes elixiron "Suveretum", o actual Sobredo, onde ó parecer houbo un antigo mosteiro no que os bieitos agacharon ó "neno rexio", o futuro rei Afonso II "O Casto". Entre os séculos X e XI, desenrolase a tecnoloxía das ferrerías destinadas a fabrica-lo ferro. As ferrerías encontrábanse nos lugares onde houbera auga,madeira, e a ser posible "vea". No tumbo de Samos atopamos referencias as posesións de Samos no Caurel. O 15 de xuño de 1.125, o abade Pedro Froilaz ó facer inventario de tódalas herdades acrecentadas no mosteiro di:"omnes homines et hereditates que fuerunt de realengo et de Caurelle et de Condado (...sic..."Tumbo de Samos. Á orde de Santiago pertenceu grande parte do Caurel:Esperante, Meiraos, Seoane, Folgoso, Visuña, Hórreos etc. Pode que os cabaleiros de Santiago, só se dedicaran a vixiar a entrada ó Caurel dende o seu castelo de Carbedo, pero non sería de estrañar que nos primeiros tempos contaran con algunha explotación de ferro, xa que o couto de Visuña abranguía as parroquias de Hórreos e Visuña, onde se atópa a mina de Formigueiros. A tradición recolle, e o propio Madoz di que a canteira de ferro a ceo aberto de Formigueiros, en Céramo (Visuña), existía dende época dos romanos. Aínda hoxe pódense atopar polo monte restos de escouras dalgunha primitiva ferrería das que só lles facía falta aire e carbón. Co paso dos anos o desenvolvemento da minería foi en aumento, significando a mina ou canteira de Formigueiros, a peza fundamental da minería do Caurel. MINA DE FERRO DE FORMIGUEIROS: Situada fronte a Céramo. Visuña. Aínda que todo apunte a unha época anterior, a documentación existente da canteira a ceo aberto, data de 1513. Nesa época a mina aparece en poder de Antonio Velasco, sr de Cervera, no século XVIII pasa ó Conde de Maceda quen autoriza os monxes de Samos a sacar vea para as ferrerías que tiñan no Caurel, Quiroga, Valdeorras e o Bierzo. Madoz apunta: -"y entre sus montes se encuentra Formigueiros con un rico y abundante minerao de hierro de propiedad del marqués de Maceda y del cual se surten las ferrerías de Galicia" Datoli alaga a vea da mina de Formigueiros: - " El hierro del Bierzo, sobre todo el que utiliza mineral de Formigueiros, es de tan buena o de mejor calidad que el de Vizcaya, y por tanto, excelente para la fabricación de fusiles" Os "camiños da vena" ían dende a canteira de Formigueiros ata as ferrerías. Polos montes do Caurel aínda se ven as pegadas das rodas dos carros nas rochas. Camiños da vea polo Caurel Alto: *Dende Formigueiros a vea ía ata a ferrería vella, ferrería Nova de Seoane, ferrería de Ferreirós de Abaixo, ferrería a "nova de Ferramulín", ferrería vella de Céramo ou vella de Ferramulín", e s eguía ata as ferrerías de Q uiroga, Valdeorras, e o Bierzo - Dende Formigueiros o "camín" ía ata a Ferrería nova, o parecer outros camíns levaban a "vena" as outras ferrerías... aínda quedan as marcas das rodas no "camín", por baixo do monte Cido"- explica o sr Graciano de Liñariños que asegura ter mais de 80 anos. - Dende Formigueiros viña a vena a ferrería de Ferramulín, dende a carreteira poden ver os camiños da vena, algúns están baixo as silvas - explica Fina la cantineira de Ferramulín. " Camiños da vea polo Caurel Baixo" Debido as distancias as ferrerías d e Valdomir, Lousadela e Folgoso servíanse da "Mina de Roques", da Pobra do Brollón, propiedade dos monxes de Samos, mina documentada dende o século XVI. Os monxes bieitos gozaron dun bo negocio. -Da Veneira saía un camiño ata Eiríz, Touzón, Pendella e Valdomir. Outro camiño apartaba na Lama, baixaba ata Casela, apartaba a dereita ata Lousadela - asegura o sr Rodrigo de 90 años, natural da Veneira. (Pobra do Brollón) A ferrería de Valdomir estivo na ponte de Valdomir. Da ferrería de Lousadela quedan a casa e restos da ferrería, cerca de Seceda. Da ferrería de Folgoso non queda nin rastro. - "Estivo na primeira curva da estrada que vai cara Valdomir."- din en Folgoso. Segundo conta Carlos da Casa do Comerciante, en Vilamor abundan escouras procedentes dunha posible explotación mineira. O caso é que en moitos lugares do Caurel aparecen escouras de ferro. Os Venaqueiros ou ferreiros de Formigueiros tiñan a peculiaridade de "picar onde lles viñera en gana", e transportar eles mesmos a vea, dende a canteira as ferrerías. O transporte dende Formigueiros ás ferrerías o facían os propios venaqueiros pero cando tiñan traballo dabondo o facian os "arrieiros". " Os descendentes dos "ferrones vascos" chegaron a Galicia no século XVI a causa da crises da siderurxia vasca. Os "arozas" ou capataces deixaron os seus apelidos no Caurel, como é o caso dos "Aroza", nome de orixe vasco. Maura Zauraza "a tecedeira" de Folgoso di: - Os meus antepasados viñeron a Caurel "pola causa do ferro" Na ferrería, ás ordes do "aroza", ou capataz, traballaban os ferrones, tiradores, fundidores, tazadores etc. AS FERRERÍAS do CAUREL Segundo Amor Meilán "la abundancia de ferrerías(...) demuestran que ya aquel mineral se extraía en grandes cantidades en plena Edad Media"(sic) Amor Meilán apunta "en la jurisdicción de Caurel había siete herrerías con 26 operarios, en donde se trabajaban 1,130 quintales de hierro anuales" Nós recollemos a tradición de dez ferrerías, e pode que houbera máis que se confunden coas lendas Ferrería vella de Seoane: Solo queda a toponimia. Existía en 1753. A xente oíu dicir os seus avós que se atopaba xunto ó río Ferrería nova de Seoane, o "Sebane" como din no Caurel alto. Atópase no lugar de "ferrería", sérvese do río Lor. Sen dúbida é a ferrería máis monumental de Galicia, sorprenden as dimensións, funcionaba en 1849. A vea viña dende Formigueiros e dende Roques. A xente asegura -"a ferrería a fixeron os presos"... Actualmente a ferrería está en fase de reconstrucción., queda a casa con capela (1810) e o muíño O son do bandazo fai recordar os "venaqueiros". A casa da ferrería vaise utilizar para turismo rural, o lugar é propicio para ó descanso. Ferrería de Folgoso: O ferro viña dende a mina de Roques do concello da Pobra do Brollón. A desaparecida ferrería estivo xunto ó río. A xente di:- " Estivo na primeira curva da estrada que vai dende Folgoso cara Valdomir". No século XIX pasou a pertencer a D. Rafael Armesto, pouco despois tivo que pechar por falta de combustible. Ferrería de Lousadela: Queda a casa e os restos dos muros da ferrería . O ferro viña dende a mina de Roques. Foi propiedade do Marqués de Viance en 1780. Ferrería de Valdomir: A ferrería desapareceu hai anos, estivo á esquerda da ermida, na horta do Bar Catuxo estivo enterrado o martinete. O ferro viña dende a mina de Roques. No ano 1753 foi propiedade de D. Frco Armesto, no 1780 do marqués de Viance e Antonio Armesto. No XIX de don Rafael Armesto. Ferrería de Vilasivíl ou mazo de Meiraos: O mazo estivo no camiño que dende a casa da ferrería de Meiraos vai cara ó río. O parecer quedan restos baixo a maleza, a vea viña dende Formigueiros. Ferrería de Ferreirós de Abaixo: A antiga ferrería estivo situada entre o bar "O Pontón" e a estrada. Segundo o marques da Ensenada foi de Frco Robles e consortes. No 1773 figura como propiedade do marqués de Viance e familia. En 1868 tiña varios donos: Rafael Armesto, Apolinar Suárez de Deza, José Barragaes, do Conde de Torre Penela e Pedro Rodriguez, o consorcio tiñan aforada a ferrería a Domingo Gallego. Ferrería a Nova de Ferramulín " A nova", ou de Hórreos: Quedan os muros xunto o río, "na lagoa" ou leira de Fina a cantineira de Ferramulín., a ferrería traballaba só catro meses por ser " pobre de augas". O lugar da ferrería pode verse a dereita da estrada que vai de Seoane a Ferramulín, enfronte o camiño que vai a Hórreos. Para acceder a ferrería, vaise dende a cantina seguindo o camiño que vai ó río. A ferrería foi propiedade de dona María Tareixa Queipo de Vilafranca, en 1848 da viúva de Campomanes ca aforou a Estefan Rivas. Traballaba en 1876. Ferrería vella de Céramo ou antiga de ferramulín: A xente vella non a recorda En 1761 M. Armesto a arrendou a Manuel Martínez O Mazo de Santigoso: " Xoán de Quiroga veciño do mazo, vende "un día de mazo menos quarto en cada semana de mazo" Segundo Clodio Glez. - "A vea viña dende Roques ó mazo para "estira-lo ferro"- Di o señor Xosé, derradeiro veciño do Mazo. O tempo das ferrerías do Caurel acabouse, pero o seu recordo está patente na xente, cadaquén fala dos "camiños da vena", como acostuman a dicir os do "Caurel baixo," ou " camíns da vena", como gostan dicir os do "Caurel alto". En todo caso, Caurel foi, e é, mina e ferrería, carro e rocha, montes pendurados, "antiguas" por onde baixaba a auga entoando unha canción. Lendas de ferro mesturadas co son dos mazos e as zanfonas, mentres a música da gaita competía co son do martinete. Escoitemos... É obriga de todos, recupera-los "camiños da vena."- Mercedes Vázquez Saavedra, viaxeira que percorreu os camiños da vena do Concello de Folgoso do Caurel durante o verán do 99. BIBLIOGRAFÍA:
  • Amor Meilán, M. "Prov de Lugo". Geografía Gral del Reino de Gcia. Barcelona. Andrade, J. M, edición do "O tombo de Celanova" (tomos I e II). Consello da Cultura Galega Stgo 95. Arias Cuenllas, Máximo. "Hª del monasterio de san Julián de Samos". Samos 92. Arias, M. "Un abadologio inédito del monasterio de Samos". Archivos leoneses, nº44. 1968 Balboa de Paz, José Antonio. Ferrerías Bercianas. Ciencias de la Dirección. Madrid. 92. Balboa de Paz, José Antonio. El Bierzo en la obra de dos militares del siglo XVIII. Ponferrada-León.92 Ensenada, Catastro. Seceda(1304; Folgoso(5231); Visuña(2853);Ferreiros(3463); Hórreos(10) G.E.G T XII, pá 148-49. >Ferrerías. González, Clodio., " A producción Tradicional do ferro en Galicia". ( As grandes ferrerías da Provincia de Lugo). Diputación de Lugo, 92. González, Clodio, " La producción tradicional del hierro en la provin cia de Lugo: Las ferrerías. NARRIA revista de estudios de artes etc Facultad de Filosofía y Letras. Universidad A.de Cantoblanco. Madrid. 93. Lucas Álvarez. "El tumbo de san Julian de Samos" ( siglos VIII-XII). Ed Caixagalicia. Stgo 86. Madoz, Pascual. Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de ultramar. Madrid,1845-50. Facsímile. Stgo86 Noutra ocasión faremos un percorrido pola ferrerías dos Concellos limítrofes, e outros os que se servía a vea dende Formigueiros.